Inicio Carballo ao día Hemeroteca O equipo infantil masculino da Escola Basket...

RECEPCIÓN DE EVENCIO FERRERO NA ALCALDÍA

O equipo infantil masculino da Escola Basket Xiria festexa na Casa do Concello a súa vitoria na Copa Galicia de baloncesto

Venres 15 de novembro do 2013

Hai que subliñar que os xogadores de Arturo Ferraces tiveron a oportunidade de realizar unha competición impecable, xa que antes de chegar á final tiñan derrotado ao Sigaltec Vilagarcía nas semifinais por 72-28. Ademais, viñan de lograr seis vitorias en seis partidos na fase previa. Na outra semifinal, o Seis do Nadal deu a sorpresa tras vencer ao Instituto Rosalía de Santiago, a priori favorito para o título, por 60-50. O equipo carballés foi o anfitrión dunha fase final que resultou un éxito, especialmente pola elevada asistencia nas bancadas, de arredor de 250 persoas para ver unha final disputada na primeira parte pero na que despois do descanso o Basket Xiria tomou definitivamente a dianteira, en parte tamén grazas aos azos do público. Durante a xornada do domingo puido verse en Carballo o mellor baloncesto infantil de Galicia, e o día rematou da mellor maneira posible para o equipo da casa. No partido polo terceiro e cuarto posto, o Instituto Rosalía derrotou ao Sigaltec Vilagarcía por 78-41.

Compartir: