Inicio Carballo ao día Hemeroteca O tradicional Festival de corais no que...

SÁBADO 16 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 HORAS

O tradicional Festival de corais no que participan agrupacións do municipio toma o relevo no Novembro con música

Venres 15 de novembro do 2013

Trátase dunha formación que pretende conservar tanto o patrimonio material, co vestiario ou os instrumentos cos que interpretan parte do seu repertorio, como o inmaterial, que o compoñen todas a melodías que se van retomando para volver a escoitalas e dese xeito, preservar a música e os cantos tradicionais. Este coro foi co fundando, entre outros, polo sempre presente Carlos Díaz "O Xestal", un home comprometido coa cultura, coa terra e coa xente, un humorista e, como non, un investigador, sui generis, do folclore galego. Composto na actualidade por unha trintena de compoñentes, ataviados con distintos e fermosos traxes típicos das diferentes comarcas de Galicia, están dirixidos por Julia Cabanelas. A última coral participante é a Coral Polifónica de Bergantiños. Esta veterana e recoñecida agrupación musical é todo un referente en Galicia e un exemplo a seguir para moitas outras do seu estilo alén da comarca de Bergantiños, onde é de sobra coñecida.

Nacida en 1969 a partir do Coro Xuventude de Bergantiños, dirixido por D. Manuel Rodríguez, é unha das corais máis viaxeira e experimentada de Carballo e das comarcas veciñas. Ademáis conta cun amplo repertorio que abrangue música do cancionero clásico español, tradicional galego, zarzuela, habaneras pezas doutros continentes e mesmo alegres e divertidos arreglos que realiza a súa directora Gloria de los Ángeles Pardines. Moitos dos membros da Coral Polifónica de Bergantiños son posuidores da insignia de prata de Marcial del Adalid, concedida pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña. Temos que felicitalos de novo porque este galardón, que outorga a Real Academia, foille concedida de novo a outros dous compoñentes máis o pasado 19 de outubro, á constacia e mérito musical. Finalmente, as tres agrupacións, ofrecerán a todos os asistentes ao acto, unha sorpresa musical.

Compartir: