Inicio Carballo ao día Hemeroteca O teatro chega ao alumnado de Secundaria do...

MARTES 19 DE NOVEMBRO ÁS 12.00 HORAS

O teatro chega ao alumnado de Secundaria do municipio con "Smoke City", unha reflexión sobre os perigos do tabaco

Luns 18 de novembro do 2013

"Smoke City. A cidade do fume" aborda unha problemática moi actual, a do tabaquismo, cun particular énfase nas consecuencias a curto prazo que causan na vida diaria dos consumidores. Tamén fala dos beneficios de levar unha vida limpa, sen dependencias ou ataduras (físicas ou psíquicas) dunha substancia como é a da nicotina que ademais, resulta tan prexudicial para a saúde. Lonxe dun simple panfleto educativo, Malasombra Producións, proponnos unha mensaxe que chegue a calar no público, sexa novo ou vello, a través do teatro. Con ideas que leven por un camiño de diálogo e comprensión sobre unha situación que debemos evitar toda a sociedade concienciándonos sobre esta problemática e que a compañía representará co humor máis positivo. O texto de "Smoke City" é de José Luís Prieto e conta coa dirección de Marcos Orsi. Levarano á escena Xoque Carbajal, Alberto Rolán, Josue García e Ramón Orencio. A cita é no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 12.00 horas.

Compartir: