Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alumnado do Curso de soldadura que se imparte...

A ACCIÓN FORMATIVA CONTA CON 758 HORAS DE DURACIÓN

O alumnado do Curso de soldadura que se imparte no Fórum asiste a unha demostración con maquinaria pioneira

Martes 19 de novembro do 2013

Ademais desta acción formativa, o Fórum acolle nestes momentos outros dous cursos do plan AFD, dos que nestes días principian as prácticas nas empresas: un de cociña e outro de electricidade. No caso do de soldadura as prácticas transcorren entre o 29 de novembro e o 5 de decembro e colaboran sete empresas. Co Curso de Cociña, de 828 horas de duración, colaboran nove empresas e o período de prácticas transcorre entre o 25 de novembro e o 9 de decembro. Por último, co Curso de Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios de 458 horas colaboran seis empresas e as prácticas comezaron o venres 8 de novembro, durando até o 21 do mesmo mes. Todas as entidades que acollen ao alumnado de prácticas desenvolven actividades directamente relacionadas cos contidos do curso. Cada acción formativa conta un total de 15 alumnos e alumnas que, despois da súa experiencia práctica, rematarán o curso co desenvolvemento dos dous últimos módulos. O primeiro trata sobre Formación para a igualdade e o segundo sobre Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero.

Compartir: