Inicio Carballo ao día Hemeroteca A inspectora de Educación confirma no...

DURANTE A XUNTANZA ABORDOUSE A UNIFICACIÓN DE HORARIOS

A inspectora de Educación confirma no Consello Escolar Municipal que a ampliación do Bergantiños estará lista a primeiros de 2014

Mércores 20 de novembro do 2013

Outro asunto abordado na xuntanza foi a unificación de horarios nos centros de ensino municipais. Segundo explica a Concelleira de Educación e Cultura, Mar Eirís, nas próximas semanas seguirase a traballar para atopar unha solución e así acadar a unificación de horarios nos tres centros de Primaria que non teñen xornada única e dos horarios de tarde nos institutos, tendo en conta, ademais, os horarios das diferentes liñas de transporte escolar. Por último, no apartado de rogos e preguntas, os asistentes interesáronse pola posibilidade de que se cree un centro integrado de Formación Profesional, pero informouse de que nestes momentos non está en marcha ningunha actuación deste tipo por parte da Consellería de Educación. A Concelleira de Educación e Cultura, Mar Eirís, agradeceu a elevada participación na xuntanza, na que houbo representación de todos os estamentos implicados no Consello Escolar Municipal.

Compartir: