Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Feira das Asociacións centra os actos do...

DOMINGO 24 DE NOVEMBRO NUNHA CARPA NO XARDIN MUNICIPAL

A Feira das Asociacións centra os actos do 25 de novembro, que se completan cun concerto didáctico e un ciclo de cine

Venres 22 de novembro do 2013

O programa de actividades sempre presta especial atención ao alumnado dos centros de ensino. Así, outra das actividades previstas ten lugar o propio luns 25 de novembro. Os rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato dos IES de Carballo poderá asistir a un espectáculo lúdico musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa. Será no Pazo da Cultura a partir das 10.30 horas. E ademais, os alumnos tanto dos CEIP como dos IES do municipio terán a oportunidade de asistir a un ciclo de cine con motivo do 25 de novembro. Os días 26, 27 e 28 de novembro, en colaboración coa Fudación Lumière, terá lugar a proxección de tres películas. Son "Bienvenido al Hormiguero", "Sang Woo y su abuela" y "Cobardes" para os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria e 2º de ESO. Os filmes abordan diferentes aspectos da violencia na sociedade, na familia e nas aulas. As proxeccións serán no Pazo da Cultura cada día a partir das 10.30 horas. Hai que mencionar que todas estas citas se complementan coa exposición "Mulleres, de vida alegre?". Cedida por Médicos do Mundo e composta por instantáneas de Salvador Campillo, transmítenos, a través do testemuño de catro mulleres, as causas e as consecuencias da explotación sexual. O obxectivo da exposición é concienciar á cidadanía acerca da situación na que se encontra un colectivo estigmatizado e excluído socialmente. Pode visitarse na sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura cada tarde de 18.00 a 21.00 horas.

Compartir: