Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a entrega do Premio Abertos ao...

ACTO DE ENTREGA: VENRES 22 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 HORAS

Carballo acolle a entrega do Premio Abertos ao galego, a prol da dinamización do idioma, á cadea de electrodomésticos San Luís

Venres 22 de novembro do 2013

O xurado do premio valorou a importancia simbólica da aposta lingüística de San Luís, tanto polo sector ao que pertence como polo momento en que o antigo xerente retoma as tendas e a maneira en que decide reabrilas. Na súa anterior etapa, San Luís xa era unha das empresas líder do sector, o que serve para constatar algo que indican todos os estudos do mercado: o uso do galego é un aliado para o mundo socioeconómico. Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten como obxectivo a dinamización do galego no mundo da empresa. Partindo dun certificado de calidade asociado ao uso da lingua galega, desde Abertos ao Galego quérese promocionar a actividade das empresas que traballan (total ou parcialmente) en galego, ademais de fornecer argumentos á sociedade sobre a relevancia do uso do noso idioma por parte dos diversos tipos de empresas.

O premio de 2012 foi para Tuenti, e entregouse en PontevedraNa primeira edición do Premio Abertos ao Galego, en 2012, o xurado decidiu outorgarllo á empresa Tuenti Technologies, promotora da rede social máis popular entre a mocidade. O acto de entrega realizárase en Pontevedra. O xurado destacara especialmente que Tuenti teña no seu cadro de persoal un grupo de xente contratada especificamente para labores relacionados co mantemento, actualización e soporte da súa versión en galego.

Compartir: