Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Novembro con música continúa co...

VENRES 22, SÁBADO 23 E DOMINGO 24 DE NOVEMBRO

O Novembro con música continúa co concerto de Santa Cecilia, a actuación de Najla Shami e unha cita do ciclo 'En familia"

Venres 22 de novembro do 2013

Xa o domingo 24 pola tarde está programado un concerto para toda a familia. A escritora e cantautora cántabra, Susa Herrera, presenta en Carballo o seu último traballo "En Cabárceno se oye cantar". Un fermoso e divertido concerto para que os mais cativos coñezan, mentras cantan e bailan, a todos os animais do fermoso parque natural de Cabárceno. Susa Herrera é unha recoñecida profesional no ámbito da música e da súa dicáctica. Profesora de Didáctica da Expresión Musical nas universidades de Santiago e Vigo, compaxina estre traballo co de relatora de cursos a nivel internacional sobre música e expresión corporal. Ao mesmo tempo, Susa Herrera é autora de libros de contos e cancións para nenos e nenas moi coñecidos no ámbito escolar, pola súa importancia didáctica. Obras como Cartas que vienen y van, Todos los animales al cajón ou Animales enCantadores son un exemplo do magnífico traballo que esta galega de adopción ten realizado. "En Cabárceno se oye cantar" é unha oportunidade única de que os máis pequenos acompañados dos seu familiares poidan pasar unha tarde divertirda ao mesmo tempo que moi ilustrativa. A cita, ás 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, é de entrada libre e gratuíta ata completar aforo. O Novembro con Música 2013 continúa con actividades para todos os públicos e gustos ao longo de toda a vindeira semana, poñendo fin a todo este mes co Concerto da Banda Municipal de Música de Carballo o sábado 30 de novembro.

Compartir: