Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a Asociación As Eiroas asinan...

A ACHEGA MUNICIPAL É DE 7.500 EUROS

O Concello e a Asociación As Eiroas asinan un convenio para mellorar a vixilancia no Parque Empresarial de Bértoa

Luns 25 de novembro do 2013

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo subliñar a vontade do Concello de seguir colaborando con todo o tecido empresarial, e que, especialmente na conxuntura actual "sigan renovándose os acordos e incluso ampliándose as colaboracións". Así, a Asociación As Eiroas era a única entidade de empresarios e comerciantes coa que o a administración local non tiña subscrito ningun convenio, algo que se subsana con este acordo e que manifesta a intención do Concello de seguir "apoiando a todo o tecido empresarial", como xa se fai con entidades como o CCA Carballo, Axober (Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños) ou a Cámara de Comercio, segundo explica o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira. O obxectivo segue a ser "que exista unha colaboración anual con todas as persoas que axudan a xerar emprego". Outro dos proxectos pendentes con As Eiroas é o traslado dos empresarios ao edificio do CPEC (Centro de Promoción Económica do Concello) para ofrecerlles "unhas mellores infraestruturas" e dotar aos empresarios "dunha mellor visibilidade", nun edificio perfectamente equipado e situado á entrada do Parque Empresarial, segundo explica Regueira. Espérase que o traslado poida realizarse en 2014.

Compartir: