Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca un Concurso de Escaparatismo...

SOLICITUDES DO 28 DE NOVEMBRO AO 12 DE DECEMBRO

O Concello convoca un Concurso de Escaparatismo de Nadal que repartirá dous mil euros en premios

Mércores 27 de novembro do 2013

Concederanse catro premios e distribuiranse do seguinte xeito aos proxectos que obteñan unha maior puntuación segundo o ditame do xurado: primeiro premio, 1.000 euros; segundo premio, 500 euros; terceiro e cuarto premio, 250 euros cada un. O xurado estará integrado polos seguintes membros: en representación do Concello de Carballo a Axente de emprego e Desenvolvemento Local e a Técnica de Turismo; un representante do Centro Comercial Aberto (CCA Carballo); un representante de Axober (Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños); un experto en deseño de interiores. Ademais, os comercios participantes están obrigados a manter o escaparate iluminado e nas condicións que permita ao xurado valoralo no seu conxunto así como manter a iluminación, ao menos, ata as 22.00 horas, entre os días 18 e 25 de decembro. Os interesados e interesadas en descargar as bases ao completo, así como os impresos de solicitude, poden facelo en dous documentos en pdf nesta mesma nova.

Compartir: