Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Banda Municipal de Música, baixo a...

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

A Banda Municipal de Música, baixo a dirección de Vicente Pérez Planells, pecha oficialmente o Novembro con Música 2013

Mércores 27 de novembro do 2013

É digno de salientar que todas as persoas puideron asistir a algún concerto dependendo do seu tramo de idade, nanas para bebés, concertos En familia para cativos -e non tanto- ou concertos máis especificamente dedicados a público máis adulto como a música das Corais. Ademais este ano os escolares de Educación Primaria de Carballo tamén puideron gozar de concertos didácticos. Complementado este mes, no que se rende tamén tributo á patroa de todos os músicos, Santa Cecilia, e dentro do apartado "… e ademais" incluíronse propostas como o teatro, unha entrega de premios ou outro tipo de actividades, como mostras e exposicións como as que aínda se poden visitar nas dependencias do Pazo da Cultura. O Novembro con Música xa é un referente na comarca, un programa cultural consolidado que tenta dar a coñecer a nosa música e traer outras experiencias como o obradoiro de nanas, contacontos con escritoras de recoñecido prestixio, concerto didácticos e, como non, facer partícipes ás Agrupacións Musicais de Carballo (sexan ou non institucionais) para que todos nos vexamos implicados neste fermoso proxecto musical, didáctico e sobre todo, moi entretido.

Compartir: