Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os traballos do Plan de Obras e...

SOTERRAMENTO DE COLECTORES NA CONTORNA DO MERCADO

Adxudicados os traballos do Plan de Obras e Servizos 2013 e que inclúen obras de saneamento e abastecemento e de mellora de vías

Mércores 27 de novembro do 2013

No pleno de novembro de 2013 tíñanse aprobado tanto o POS 2013 como o Plan Complementario, que neste caso incluía a realización do "Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Oza, Entrecruces e Rus" por 44.987,26 euros. Así mesmo, hai que mencionar que estes días estanse realizando traballos de mellora na contorna do Mercado Municipal (na imaxe) que inclúen o soterramento dos colectores de lixo. Estas obras están incluídas nun proxecto de mellora máis amplo realizado a través dunha subvención da Consellería de Economía e Industria na que tamén están incluídos fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). Así, ademais da contenerización soterrada, a actuación supuxo a instalación de vídeo cámaras, dunha báscula de repeso e a dotación de novos expositores para o edificio do Mercado Municipal. O orzamento total ascende a 46.355 euros, dos que a subvención achega o 75 por cento: 34.766,25 euros. A empresa encargada de realizar o soterramento é J.F. Varela, de Sofán.

Compartir: