Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo participa en Culturgal, a Feira das...

A CITA INCLÚE O RECITAL POÉTICO "PAISAXES"

Carballo participa en Culturgal, a Feira das Industrias Culturais galegas, coa presenza do novo stand turístico

Venres 29 de novembro do 2013

Culturgal é un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta parea a industria cultural galega. Nesta feira o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e no prodúcese un rico diálogo e intercambio de ideas. Trátase dunha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional. Ademais, Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. Remarcar o valor social e económico desa acción cultural é unha misión central da Feira; Culturgal quere ser unha ferramenta útil no novo escenario no que empresas e axentes culturais deben desenvolver o seu traballo. Estimular a confianza dos diferentes gremios na utilidade da feira, convidándoos ademais a participar activamente na programación, e pulsar os intereses dos diversos públicos que asisten a ela son obxectivos primordiais. A feira apela á corresponsabilidade compartida entre todos os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos. Todos implicados de maneira activa na promoción da actividade cultural como parte fundamental do desenvolvemento social.

Compartir: