Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo inspírase nas políticas de...

O OBXECTIVO É APRENDER DE EXPERIENCIAS NA CIDADE VASCA

Carballo inspírase nas políticas de mobilidade e tráfico de Vitoria-Gasteiz para mellorar na humanización da capital municipal

Martes 3 de decembro do 2013

O obxectivo final ds políticas desenvolvidas na cidade vasca ten como finalidade a reconquista do espazo urbano por parte do peón, dando primacía a modos de transporte sostible con especial protagonismo á mobilidade peonil fronte aos modelos convencionais baseados no tráfico do automóbil. Para elo, implantáronse en Vitoria-Gasteiz medidas disuasorias de utilización masiva do automóbil, establecendo en moitas rúas o tráfico calmado (velocidades de 10, 20 ou 30 kms por hora) e restrinxindo o aparcamento en superficie, medidas que están a contribuír á recuperación da cidade como espazo público de alta calidade. Do que se trata é de analizar a posibilidade de implantar algunhas destas experiencias na vila de Carballo, dando continuidade ás liñas de actuación iniciadas nos últimos tempos de cara á humanización da cidade. A visita tivo dúas partes diferenciadas, a primeira consistiu nunha xornada de traballo có Director do Centro de Estudos Ambientais (CEA), Juan Carlos Escudero Achiaga, principal responsable nas políticas de mobilidade sostible e espazo público de Vitoria-Gasteiz, na que se explicaron os pasos seguidos dende o ano 2006 ata a actualidade e as liñas de actuación futuras. A segunda, pero non menos importante, foi de carácter práctico por medio do análise in situ das solucións concretas adoptadas en materia de calmado de tráfico e minoración na presenza dos automóbiles na cidade. Para elo contouse coa magnífica colaboración de membros da Policía Local de Vitoria.

Compartir: