Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo Limpo visita a feira o domingo 8 de...

NUNHA CARPA NA RÚA CORUÑA A PARTIR DAS 10.00 HORAS

Carballo Limpo visita a feira o domingo 8 de decembro para continuar coa divulgación da reciclaxe entre os veciños e veciñas

Xoves 5 de decembro do 2013

Hai que lembrar que Uxía e Antón son dous personaxes deseñados no seu día polo inesquecible deseñador carballés Alberto Gende para Carballo Limpo e que agora cobraron vida por medio dun actor e unha actriz que os caracterizan e divulgan en vivo toda a información que antes so se facía en papel. A acción teatral divulgativa, durante pouco máis de media hora, amosa o uso de cada un dos colectores de recollida de lixo: amarelo, verde, azul, laranxa e iglús; subliña a importancia da reciclaxe dos medicamentos e das pilas usadas; e tamén fai fincapé na reciclaxe dos electrodomésticos usados a través do Punto Limpo e o Punto Limpo Móbil e na recollida dos cans que se atopan perdidos pola rúa. Así mesmo, os novos folletos de Carballo Limpo, ademais de continuar recollendo toda a información relativa ao servizo, inclúen os datos de contacto actualizados de acordo coa nova empresa concesionaria e cos novos horarios de funcionamento do Punto Limpo e do Punto Limpo Móbil, pero respectando o deseño realizado no seu día por Alberto Gende. Carballo Limpo agradece de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, no web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter <@CarballoLimpo>.

Compartir: