Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 1.100 nenos e nenas teñen...

REPARTIU PRETO DE 600 EUROS EN PREMIOS

Máis de 1.100 nenos e nenas teñen participado no Concurso de Cartel e Postal de Nadal do Concello de Carballo

Mércores 4 de decembro do 2013

Como 2º Premio, e gañador do Cartel de Nadal, foi elixido o presentado por Mateo Lema Villar de 5 anos do CEIP Bergantiños outorgándoselle un premio de 100 euros en libros, xoguetes educativos e diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros, xoguetes educativos e diploma a:

  • Xano Rama Mallo, de 5 anos, do CEIP A Cristina
  • Sofía Pensado Canedo, de 5 anos, do CEIP A Cristina
  • Antía Varela Rial, de 5 anos, do CEIP Bergantiños
  • Ainara Cebral López, de 3 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
  • Inés Fraga Pérez, de 10 anos, do Colexio Artai
Nesta edición participaron 1.184 nenos e nenas realizados entre 10 colexios de educación infantil e primaria de Carballo. O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle todos os actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.

Compartir: