Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición colectiva "Miradas...

NA SALA DA BAIXOCUBERTA EN HORARIO DE 17.00 A 20.30 HORAS

A exposición colectiva "Miradas 2", na que participan 32 creadores, permanece no Pazo da Cultura até o 5 de xaneiro

Xoves 5 de decembro do 2013

A primeira exposición realizouse en 2012 en Muxía, co título "Miradas", pois cada un dos artistas tiña un concepto e estilo diferente do sentimento artísti co, de aí que a temática da exposición sexa tan variada e de gustos dispares.Desta volta volven con "Miradas 2" e con esta mostra dase lugar a unha continuidade, abrindo as portas á posibilidade de realizar máis nun futuro, engadindo artistas que poidan ir xurdindo cos anos. Os creadores que participan na exposición son: Antonio Reino, Santo Cereixo, Antonio Taracido, Coque Toba, Cristina C. Santiago, Diana Molina, Emi de las Heras, Eva Facal, C. Trillo, Fernando Mourón, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Viki Rivadulla, Juan Villar Casares, José Garrido, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Manuel Pazos, Zizi, Chiña, O'Mighelo, Teresa Búa, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Mónica Noya, Sar, Oti Fernandez, Pedro Tasende, Peter Kramer, Yano Yoro, Santi Picos e Clara Toba. Hai que subliñar que o acto de inauguración da mostra contou coa actuación especial nun recital poético titulado "Dúas miradas" (na imaxe) da poetisa Rosalía Fernández Rial, impulsora do proxecto, que estivo acompañada de Paco Souto. A Concelleira de Cultura, Mar Eirís quixo agradecer a súa especial actuación, que espertou o interese dos asistentes, no acto de presentación da mostra.

Na cita tamén estiveron a Tenente de Alcalde, Milagros Lantes, e numerosos membros da corporación, así como todos os artistas implicados. Os interesados e interesadas en visitar a mostra poden facelo até o 5 de xaneiro na Sala de Exposicións Alberto Gende situada na baixocuberta do Pazo da Cultura en horario de 17.00 a 20.30 horas. Tamén é posible descargar o cartel anunciador da cita nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: