Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mesa de contratación propón...

SERÍAN 9,3 MILLÓNS DE EUROS POR ONCE ANOS E NOVE MESES DE XESTIÓN

A mesa de contratación propón á UTE Ferroser-Ferrovial como adxudicataria dos servizos enerxéticos e mantemento do alumeado

Xoves 5 de decembro do 2013

Respecto das melloras incluídas na oferta, hai que destacar, entre outras, a colocación dun sistema de detección de roubo de cableado eléctrico, ou a instalación dun sistema de detección de presenza de viandantes nos semáforos colocados nos pasos de peóns para mellorar o seu funcionamento. Así mesmo, a UTE instalará un punto de recarga para vehículos eléctricos e realizará un tratamento anti corrosivo nas luminarias situadas da zona costeira para frear o seu deterioro. Ferroser-Ferrovial asumirá, ademais, a dotación do alumeado festivo durante as celebracións patronais de San Xoán e de Nadal ou a implantación dunha aplicación informática que permita, a través do web municipal, rexistrar os avisos enviados polos veciños e veciñas para alertar do mal funcionamento dos puntos de luz da rede de alumeado. En materia de promoción da eficiencia enerxética, a proposta inclúe a realización de campañas de sensibilización entre os escolares e a cidadanía, a realización dun curso municipal de xestión enerxética ou a promoción xeral do proxecto entre os veciños e veciñas. Se a proposta da mesa de contratación recibe o visto e prace do pleno, está previsto que a nova adxudicataria asuma a xestión do servizo nos primeiros meses de 2014.

Compartir: