Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xiria Volei irrompe nas novas tecnoloxías...

<WWW.XIRIAVOLEI.COM>

Xiria Volei irrompe nas novas tecnoloxías cunha páxina web e emprende unha venda de almanaques para recadar fondos

Mércores 11 de decembro do 2013

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo felicitar a Xiria Volei por ser "unha das entidades que máis ten medrado no último ano" e á que se teñen incorporado máis xogadores, e, especialmente, xogadoras. Así mesmo, transmitiu os seus parabéns pola súa recente "incorporación ás novas tecnoloxías" o que considera "será moi positivo para o club". Os mesmos parabéns transmitiu o Alcalde, Evencio Ferrero, que lembrou que a sección de volei foi "o primeiro equipo federado de Xiria", ao que lle garda un agarimo especial por ter sido el mesmo adestrador no seu momento. Ferrero quixo subliñar que en Carballo "están medrando todas as disciplinas deportivas", o que é posible grazas á vontade das entidades, pero tamén "co incremento do apoio do Concello, especialmente nas categorías inferiores". Por último, subliñou que a mellor noticia para a entidade, é a foto central do almanaque, na que aparecen todos os integrantes do club, e todos da vila de Carballo.

Respecto do almanaque, as entidades que o fixeron posible son Gende Estudio, que realizou o deseño e maquetación; Mónica Noya, que se encargou das fotografías das xogadoras nos distintos establecementos comerciais; e Foto Fuentes, que realizou as fotografías oficiais dos equipos. En canto aos establecementos e entidades que patrocinan ou colaboran son, ademais do Concello carballés: a Deputación da Coruña, Gestiber, Hierros Varela Urbieta, Asesoría Cervantes, Almacenes Agro, Don Clic, Noef Salón de Peiteado, Federópticos Nicolás, D&A Complementos, Necos Moda Infantil, Óptica Enríquez, Zocas, Perruquería Mª Luz, General Óptica, La Botica Complementos, Zapatería Esther, Calzados Lolita Anido, A Reserva e Bar Bristol. Durante a realización das fotos do almanaque, realizouse un divertido vídeo promocional, a cargo de Mamá Lola Studios, que os interesados e interesadas poden ver nesta mesma nova:

Compartir: