Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinados dous contratos para a creación de...

AS ACTUACIÓNS ESTÁN INCLUÍDAS NO POS 2013

Asinados dous contratos para a creación de saneamentos en Vilela e mellorar o abastecemento en Goiáns e Ardaña

Xoves 12 de decembro do 2013

Por outra banda, xusto despois da sinatura con Viaqua, a Alcaldía tamén acolleu o acto de sinatura do contrato de obras de "Mellora da eficiencia enerxética en instalación de climatización de piscina pública", referente á piscina Carballo Calero e que realizará a empresa Fontanería Protec. O prezo de adxudicación é de 104.532,87 euros (IVE engadido). O prazo de execución desta obra é de 30 días naturais a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de replantexamento. Dende a empresa explican que hai un peche programado para as instalacións da piscina entre o luns 23 de decembro e o mércores 1 xaneiro no que se aproveitará para realizar boa parte dos arranxos.

Compartir: