Inicio Carballo ao día Hemeroteca Admitidas máis da metade das 1.935...

ESTIMÁRONSE UN TOTAL DE 1.007 E QUEDAN 3 PENDENTES DE RESOLUCIÓN

Admitidas máis da metade das 1.935 alegacións recibidas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo

Venres 13 de decembro do 2013

Destas 1.739, un total de 1.469 son para incorporar as parcelas en solo de núcleo rural, incrementándose o número de vivendas. Así mesmo, un total de 371 das 3.015 solicitaron a modificación da ordenanza, mentres que 323 pediron a inclusión total dunha parcela xa incluída parcialmente na clasificación. Un total de 145 das peticións solicitaron a delimitación dun novo asentamento, mentres que 138 se referiron a modificacións nas aliñacións. Xa entrando no grupo das menos numerosas, 75 pediron a modificación de trazados vinculantes e de Sistemas Xerais ou Dotacións e outras 62, cambios na cartografía. Outras 35 solicitaron modificacións das condicións de xestión; 23 cambios en cuestións xerais da normativa; 9 a exclusión de elementos do catálogo; outras 9 cambios nas delimitacións da contorna de protección dos bens incluídos no catálogo; e 6 a inclusión de elementos no catálogo. Para rematar, houbo unha única petición relativa as condicións derivadas da titularidade dos bens e 25 foron clasificadas na categoría de "outras".

Criterios xerais

Respecto dos criterios xerais seguidos na estimación ou desestimación das peticións, centráronse na incidencia das alegacións dentro do modelo de ordenación territorial por medio da capacidade residencial do PXOM e en referencia á ordenación proposta, e logo analizando polo miúdo cada caso. Moitas das alegacións foron desestimadas ao estar fóra da legalidade (LOUG: Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia); ao estar fóra do ámbito competencial do PXOM; por propoñer obviar requisitos do planeamento esixidos por lexislación; por non adaptarse ao modelo existente; por propoñer solucións que, de aplicarse masivamente, suporían un modelo de ordenación non sustentable; ou por fomentar o desequilibrio territorial. Tamén hai que mencionar que das 1.935 alegacións presentadas, 14 recibíronse fóra de prazo, polo que non obterán resposta na fase de notificación, aínda que si foron analizadas no marco do contexto xeral.

Agora que o informe no que se recollen as conclusións das xuntanzas xa está listo, presentarase de novo ante a Comisión de Urbanismo, para revisalo e comprobar que cumpre fielmente co acordado e que despois das resolucións o documento respecta a legalidade e as características esixidas, como por exemplo as relativas á capacidade residencial. Nese momento, o documento xa estaría listo para presentarse diante do pleno da corporación e ser aprobado provisionalmente para remitilo unha vez máis á Xunta de Galicia, que sería o organismo do que depende a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Compartir: