Inicio Carballo ao día Hemeroteca Finalizan no Fórum tres cursos para...

SUPUXERON MÁIS DE 2.000 HORAS DE FORMACIÓN

Finalizan no Fórum tres cursos para desempregados de Cociña, Soldadura e Electricidade nos que teñen participado 45 persoas

Venres 13 de decembro do 2013

Respecto das características das accións formativas máis polo miúdo, no caso do Curso de Cociña estivo composto por cinco módulos aos que hai que sumar os módulos transversais e o módulo de prácticas. Os módulos xerais son: Seguridade e Hixiene e Protección Ambiental en Hostalaría (60 horas); Ofertas Gastronómicas Sinxelas e Sistemas de Aprovisionamento (70 horas); Preelaboración e Conservación de Alimentos (190 horas); Técnicas Culinarias (240 horas); e Produtos Culinarios (170 horas). Súmanse as 80 horas de Prácticas non laborais en Empresas; e como módulos transversais o "Módulo de Formación para a Igualdade" (de 8 horas); e o "Módulo de Inserción Laboral, Sensibilización Ambiental e na Igualdade de Xénero" (10 horas). Ademais, durante boa parte do curso e grazas a un acordo con Cáritas Interparroquial de Bergantiños, a comida elaborada e preparada a través das prácticas laborais desta acción formativa achegouse a Cáritas para distribuíla no seu comedor social.

No que respecta ao curso de Soldadura con electrodo revestido e TIG, a actividade formativa contou, ademais de coas prácticas, con dous módulos: un de Soldadura con Arco Eléctrico con Electrodos Revestidos (400 horas); e outro de Soldadura con Arco Gas Protector con Electrodo non Consumible (240 horas). Os módulos transversais foron: un "Módulo de Prevención de Riscos Laborais" (60 horas)"; un "Módulo de Formación para a Igualdade" (8 horas); e un "Módulo de Inserción Laboral, Sensibilización Ambiental e na Igualdade de Xénero" (10 horas). Para rematar, o curso de Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios contou con outros dous módulos: un de "Operacións de Montaxe de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión e Domóticas en Edificios" (150 horas); e outro de "Operacións de Montaxe de Instalacións de Telecomunicacións en Edificios" (150 Horas). Completouse coas prácticas e cos módulos transversais de "Prevención de Riscos Laborais (60 horas); un "Módulo de Formación para a Igualdade (8 horas); e un "Módulo de Inserción Laboral, Sensibilización Ambiental e na Igualdade de Xénero" (10 horas).

Compartir: