Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicado en Xunta de Goberno o proxecto para a...

CONCESIÓN DAS BOLSAS DE ESTUDO E TRANSPORTE 2013-2014

Adxudicado en Xunta de Goberno o proxecto para a "Reforma da sala de caldeiras da casa consistorial do Concello de Carballo"

Luns 16 de decembro do 2013

No apartado de subvencións, a orde do día incluíu unha nova solicitude á Deputación Provincial da Coruña para levar a cabo melloras de infraestruturas e equipamento nas instalacións deportivas municipais por un importe que rolda os 30.000 euros. Así mesmo, a sesión supuxo o cambio de titularidade dun vao permanente; a concesión de tres licenzas de obra; a concesión dunha licenza de obra e apertura para unha axencia de seguros; de catro licenzas de primeira ocupación; e a aprobación dunha licenza de segregación de parcelas na Avenida de Razo onde se sitúa o Colexio Artai.

Compartir: