Inicio Carballo ao día Hemeroteca O CCA Carballo lanza unha tarxeta regalo de 20,...

XA PODE ADQUIRIRSE EN CALQUERA ESTABLECEMENTO DA ENTIDADE

O CCA Carballo lanza unha tarxeta regalo de 20, 30 ou 50 euros para facilitar as compras da clientela nos comercios asociados

Venres 20 de decembro do 2013

Hai que aclarar que a tarxeta pode mercarse en calquera establecemento do CCA e intercambiarse tamén en calquera, e que o obxectivo é que a cantidade íntegra de cada vale se consuma nun mesmo comercio. Tamén hai que mencionar que cada tarxeta está numerada para poder controlar a súa xestión dende o CCA e que se entrega nunha coidada "caixa regalo". A entidade espera que a clientela atope útil a iniciativa, especialmente pola grande variedade de establecementos que participan no proxecto. Pola súa banda, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, cualifica a proposta como "unha boa idea que pode xerar novos comportamentos á hora de comprar e agasallar". Así mesmo, considera positivo que sexa "un acerto que transcenda a temporalidade do Nadal" e que continúe durante todo o ano. Por último, desexou que esta Tarxeta regalo teña tanto éxito como outras propostas do CCA e que sirva para "xerar vida económica" e para conseguir, non só "que a xente veña a Carballo e compre en Carballo", senón tamén para que "entre todos consigamos que o comercio local sexa unha referencia".

Compartir: