Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Reis Magos preparan a súa chegada a...

DOMINGO 5 DE XANEIRO NA CAPITAL MUNICIPAL

Os Reis Magos preparan a súa chegada a Carballo nas tradicionais cabalgatas que percorren a vila e as parroquias

Xoves 2 de xaneiro do 2014

Respecto do percorrido máis polo miúdo pola capital municipal, será o mesmo que en anos anteriores. As súas Maxestades chegan en coches ao Centro Comercial Bergantiños-Gadis escoltados pola Policía Local e Protección Civil e saúdan aos nenos e nenas que estean alí antes de subir ás carrozas. No que respecta ás rúas do centro da vila, dende o CCB-Gadis a comitiva pasa pola estrada de Malpica, rúa Luís Calvo, rúa Barcelona, rúa Fomento, rúa Río Anllóns, Praza da Milagrosa, rúa Compostela, A Brea, rúa Berdillo, rúa do Sol, rúa Gran Vía, rúa Vázquez de Parga, Praza de Galicia, rúa Coruña (onde paran para que os as súas maxestades os Reis Magos se acheguen á Igrexa Parroquial San Xóan Bautista) e, finalmente, diríxense á Praza do Concello onde reciben a todos os nenos e nenas. O acto de recepción ten lugar na carpa que está instalada diante da Casa do Concello e á chegada dos Reis, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, en nome de todos os cidadáns da vila, recibe e saúda ás súas Maxestades. A continuación os nenos e nenas entréganlle aos Reis as cartas en man e fanlle as peticións que desexen.

Non hai que esquecer que o luns 6 as distintas parroquias tamén organizan citas cos Reis Magos, ademais das cabalgatas, con reparto de agasallos na Brea ou en Artes. A Igrexa de San Xoán Bautista acolle, así mesmo, o día 6 ás 12.30 horas unha Escenificación do Nacemento Vivente. Tamén hai que mencionar que as cabalgatas das parroquias están organizadas polas asociacións de cada zona e seguen itinerarios e horarios similares aos de anos anteriores.

Compartir: