Inicio Carballo ao día Hemeroteca O establecemento Mar de Encontros e Taberna O...

REPARTÍRONSE 3.500 EUROS EN PREMIOS

O establecemento Mar de Encontros e Taberna O Mexillón, gañadores dos concursos de Escaparates e Terrazas de Nadal

Martes 3 de decembro do 2013

Mentres que o Concurso de Escaparates xa tiña sido celebrado en anos anteriores, organizouse por primeira vez nestas datas o Concurso de Terrazas de Nadal co fin de animar aos xerentes dos locais carballeses a ofrecer unha imaxe coidada e dinámica entre a oferta hostaleira de terrazas do Concello. Neste caso a participación dos establecementos hostaleiros foi reducida, dando como resultado que os membros do xurado valoraron un total de 6 terrazas participantes, e tendo en conta criterios como a tipoloxía do mobiliario, os elementos ornamentais, a iluminación, a climatización, a utilización de elementos tradicionais do Nadal, a distribución do mobiliario e a decoración, así como o esforzo e dedicación do promotor e o uso do galego, o xurado decidiu outorgar o primeiro premio valorado en 1.000 € a Taberna O Mexillón, e un segundo premio de 500 € a Cafetería El Patio, quedando o terceiro premio deserto por decisión unánime dos membros do xurado ao considerar que non se cumpriron os requerimentos mínimos necesarios para conceder dito premio.

Compartir: