Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Padroado Deportivo Municipal pecha a súa...

EN MARCHA O REGULAMENTO DO NOVO CONSELLO DEPORTIVO MUNICIPAL

O Padroado Deportivo Municipal pecha a súa andaina, despois de 30 anos, mellorando o nivel de autofinanciamento do servizo

Sábado 4 de xaneiro do 2014

A colaboración de entidades e asociacións deportivas é fundamental para consolidar un programa anual de eventos deportivos en colaboración co sector do deporte en Carballo, atraendo eventos de nivel de ámbito galego ou estatal como os que se teñen celebrado nos últimos anos en todas as instalacións e espazos municipais, dende as piscinas e pavillóns aos campos de fútbol ou o Circuíto de Motor, ademais de espazos naturais como as praias ou a Ruta das Férvedas, entre outros. Ademais, hai que subliñar que para este ano 2014 auméntase a consignación nas liñas de axuda ao deporte nun 16 por cento en relación ao exercicio anterior, pasando estas a ser de 130.000 euros nos orzamentos do Concello. O goberno municipal espera ter nas vindeiras semanas un borrador de regulamento de Consello Deportivo Municipal, para poder consensuar cos portavoces e cos representantes das entidades deportivas do Consello Reitor saínte. Este novo Consello será un órgano concibido para asegurar a participación das entidades deportivas do municipio, funcionando como órgano consultivo. A súa creación virá regulada polo Regulamento de Participación Cidadá.

Compartir: