Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo retoma despois do Nadal as melloras nun...

O IMPORTE CONXUNTO DAS OBRAS ROLDA O MEDIO MILLÓN DE EUROS

Carballo retoma despois do Nadal as melloras nun total de 40 vías da capital municipal, incluíndo as rúas Valle Inclán e Ambulatorio

Martes 7 de xaneiro do 2014

Por último, hai que lembrar que, despois de ter comezado antes do Nadal, reanudaranse ao longo desta semana os traballos de "Conservación do pavimento en varias rúas do casco urbano de Carballo", unha actuación que afecta a un total de 38 vías, que son as seguintes: Alfredo Brañas, Alexandre Bóveda, Avenida de Bergantiños, Bolivia, Camelias, Carballo Calero, Cervantes, Caravel, Castelao, A Cristina, Cuba, Doutor Fleming, Emilia Pardo Bazán, Emilio González López, Fomento, Gardenias, Gran Vía, Gregorio Marañón, Mirtos, Moreiras, Laracha, Pan, Perú, Ponte da Pedra, Praza de Galicia, Praza de Vigo, Ponte, Ramón Cabanillas, Río Lérez, Río Anllóns, Río Sil, Salgueiro, Severo Ochoa, Tarragona, Vicente Risco, Vila de Cee, Vila de Noia e Xílgaro. O prazo de execución das melloras e de case un mes e o orzamento de adxudicación é de 194.741,03 euros. A empresa encargada do proxecto é Construcciones López Cao SL, cuxos representantes asinaron o contrato co Alcalde, Evencio Ferrero, a principios de decembro. A mellora realízase grazas á incorporación de aproximadamente un millón de euros do remanente de tesourería de 2012 para a realización de varios proxectos, entre os que se inclúe, tamén, a propia mellora da rúa Valle Inclán, outras melloras en vías ou a mellora da caldeira da Casa do Concello, entre outros.

Compartir: