Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello retoma a mellora de camiños en...

O IMPORTE DOS TRABALLOS SUPERA OS 270.000 EUROS

O Concello retoma a mellora de camiños en Carballo, Sofán, Berdillo, Aldemunde, Goiáns, Sísamo, Cances, Oza, Razo e Lema

Venres 10 de xaneiro do 2014

Atendendo aos traballos máis polo miúdo, no caso das actuacións incluídas no POS, as melloras afectan aos seguintes treitos: de Aviño a Razo da Costa; de Cotote a Colexio da Gándara; de Paraíso a Añón; no lugar de Outeiro; en Vixía e a Cahusqueira; de Rebordelos a Sambade; no lugar de Aldemunde de Arriba; de Aldemunde de Arriba a Cornaces; no lugar de Vilar de Carballo; e da estrada AC-414 (Carballo-Malpica) a Goiáns. No que respecta á actuación incluída no remanente de tesourería, e destinada a mellorar a capa de rodadura nos viarios estruturantes que soportan un elevado nivel de tráfico, os treitos afectados son: de Vilanova a Cances da Vila; de Cances Grande a Braña; de Vixía á Igrexa de Lema (na CP-1909, estrada Carballo-Caión) da Igrexa de Lema a Razo da Costa; do Colexio de Razo a Nétoma; de Sambade a Regueira; na Feira de Berdillo; na Raíña de Sísamo; e en Silvoso-Bértoa. Entre outras melloras, efectuarase a limpeza de cunetas, o rebacheo do firme asfáltico ou a creación de beiravías, ensanches e reforzos.

Compartir: