Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases para o XVI Certame...

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA O MANTEMENTO DA UAD

Aprobadas as bases para o XVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís que repartirá ata 1.850 euros en premios

Luns 13 de xaneiro do 2014

A orde do día tamén incluíu unha solicitude de subvención á Deputación da Coruña para o mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Carballo durante 2014, así como a aprobación da memoria e o orzamento previstos para o presente exercicio. Entre os asuntos de trámite, deuse conta do Convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude para a celebración da Cabalgata de Reis do ano 2014, ademais de aprobarse a celebración da actividade "Proba deportiva escolar de campo a través" que se celebra o 17 de xaneiro e que organiza o Concello coa colaboración do Servizo Provincial de Deporte do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Por último, a primeira sesión de 2014 da Xunta de Goberno Local supuxo a autorización de dous vaos permanentes.

Compartir: