Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo organiza un obradoiro para que as...

ACTIVIDADE GRATUÍTA: INSCRICIÓNS ATÉ O MARTES 4 DE FEBREIRO

Carballo organiza un obradoiro para que as persoas non nacidas en Galicia coñezan mellor a lingua e cultura galegas

Mércores 15 de xaneiro do 2014

As sesións terán lugar os martes e xoves de 17.30 a 19.30 horas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse en horario de mañá no Servizo de Normalización Lingüística, tanto acudindo ao Pazo da Cultura como chamando ao teléfono 981 704 304. O prazo está aberto ata o 4 de febreiro. Obradoiros coma este xa se veñen realizando en Carballo desde o ano 2005, cunha moi boa acollida e con bos resultados. Na última edición desenvolvida, que tivo lugar en novembro de 2012, as persoas participantes gravaron o vídeo "Nov@s galeg@s que queren falar galego", que tivo moito éxito na rede, e que pode verse en Youtube na seguinte ligazón: <http://www.youtube.com/watch?v=3DJ87Hlqtpk>.Obradoiro de integración lingüística e culturalDatasDo 11 de febreiro ao 3 de abril de 2014, os martes e xovesHorarioDe 17.30 a 19.30 horasPrezoGratuítoPrazo de inscriciónAté o 4 de febreiroLugar de inscrición e + infoServizo de Normalización Lingüística (SNL)
Pazo da Cultura. Rúa do Pan s/n. Carballo
981 704 304 (En horario de mañá)
Os interesados e interesadas poden consultar o cartel anunciador da iniciativa en pdf nesta mesma nova.

Compartir: