Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo Limpo estrea unha nova páxina web...

WWW.CARBALLOLIMPO.COM

Carballo Limpo estrea unha nova páxina web con novos datos e servizos e un sistema para enviar avisos a través do móbil

Sábado 18 de xaneiro do 2014

Desde Carballo Limpo agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17 (teléfono do Punto Limpo Móbil), no web <www.carballolimpo.com> ou no Twitter @CarballoLimpo. Hai que lembrar que Carballo Limpo é unha iniciativa que comprende diversas accións destinadas a conservar o ambiente grazas á colaboración da veciñanza do Concello. Inclúe un servizo de recollida selectiva de lixo, un Punto Limpo, un Punto Limpo Móbil, a campaña Sácalle o aire de recollida de cartón, un servizo de recollida de aceite de cociña usado, un servizo de recollida de roupa usada, un servizo de limpeza viaria e a Canceira Municipal, ademais dun servizo de desrratización a través do Servizo Municipal de control de pragas.

Compartir: