Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais arrincan cunha proposta de...

VENRES 24 DE XANEIRO A PARTIR DAS 21.00 HORAS

Os Venres Culturais arrincan cunha proposta de Quico Cadaval e Producións Teatrais Excéntricas: "Da Vinci tiña razón"

Luns 20 de xaneiro do 2014

Afondando máis no argumento de "Da Vinci tiña razón", entre os protagonistas da obra está o dono desa casa de campo que enmarca o escenario. Parece que lle vai ben na vida, é alto funcionario do estado, mais a visita dun trepa que vén para mostrar a súa nova esposa, un símbolo de status económico, altera a súa rutina. A lista dos quiméricos inquilinos complétase co fillo dos propietarios, que é grande demais para que lle muden os cueiros, e unha au-pair sueca á que non lle importa facerllo. Os paxaros cantan, o sol brilla e todo está tan limpo que se podería comer no chan da garaxe, até que comezan os problemas: os WC entúpense e non hai onde ir. Os dous funcionarios teñen que mudar o seu plano de relax de fin de semana por algo máis astrinxente: son policías e o seu deber é saber de onde sae toda aquela merda. As sospeitas crúzanse, os ollos espían de perfil, os narices móvense con desagrado, as sombras deslízanse na noite. Todo baixo a enigmática ollada da Gioconda de Da Vinci, que parece dicir: en todo este asunto hai algo que cheira moi mal. Quico Cadaval adapta un texto do artista francés Roland Topor, mestre do humor negro de do surrealismo, rendendo homenaxe a un dos autores máis excéntricos do século XX.

Os interesados e interesadas en consultar o programa completo dos Venres Culturais, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: