Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Salón ExpoVoda celebra a súa...

SÁBADO 1 E DOMINGO 2 DE FEBREIRO NO FÓRUM CARBALLO

O Salón ExpoVoda celebra a súa segunda edición con máis de 30 stands e incrementando o espazo de exposición

Venres 17 de xaneiro do 2014

O orzamento destinado á organización da cita é de 20.000 euros, ademais de que o Concello cede de forma gratuíta a man de obra da Brigada Municipal, a ocupación do Fórum para o evento e diverso material para axudar na celebración da cita, aforrando a organización o custo que iso suporía. O acceso ao recinto está restrinxido ás invitacións que reparten os establecementos participantes durante os días previos, ou a unha entrada simbólica de 2 € que se pode pagar no momento de acceder ao salón. O motivo é o de favorecer a asistencia de público realmente interesado na cita. O ano pasado avala o emprego desta fórmula, non só porque, en verbas de Freire, "o 50 por cento dos expositores deste ano xa estiveron na primeira edición" e decidiron repetir, senón tamén porque o público estivo realmente interesado en adquirir moitos dos produtos presentados. O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, subliña que "cando traballamos no primeiro salón consideramos que era algo digno de consolidar" e esta segunda edición avanza cara a ese obxectivo. Para Regueira, esta cita supón algo "positivo para o Concello e para todo o sector comercial de Carballo", e resalta que o investimento realizado polo Concello "ten retorno na sociedade". Pola súa banda, o Alcalde, Evencio Ferrero, considera relevante "seguir afondando nas formas de colaboración" do sector comercial e en maneiras de "achegarse ao cliente de forma máis directa", como ocorre neste tipo de salóns.

Compartir: