Inicio Carballo ao día Hemeroteca O creador carballés Pedro Tasende...

ATÉ O 25 DE FEBREIRO DE 17.00 A 21.00 HORAS NO ANDAR -1

O creador carballés Pedro Tasende expón a súa "vida intensa" a través da súa prolífica obra pictórica no Pazo da Cultura

Venres 24 de xaneiro do 2014

Para o autor "un debuxa como é. Non hai lugar onde agocharse", por iso lle atrae "a sensación de pintar para coñecerme e entender a vida". A proposta de Pedro Tasende é un paisaxismo cos ollos pechados do mundo interior, unha figuración de personaxes que falan nas nosas conciencias. Na inauguración, ademais do autor e numerosos familiares e amigos, estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Mar Eirís; e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Este último confesou quedar "gratamente sorprendido" ao ver a exposición, que demostra "un traballo intenso e unha alta capacidade de transmisión creadora". Para Ferrero "a arte é unha maneira de comunicarse cos demais e un sentimento" e así queda plasmado na obra de Tasende a quen espera que, ademais de por ser membro "dunha familia querida no pobo", a partir de agora tamén se lle recoñeza "pola valía da súa arte", e encadrado dentro do "movemento artístico que está xurdindo en Carballo que é tremendamente interesante". Os interesados e interesadas en descubrir a obra de Pedro Tasende, poden facelo a diario en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Compartir: