Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca a XVI edición do...

PRAZO DE PRESENTACIÓN: DO 30 DE XANEIRO AO 24 DE FEBREIRO

O Concello convoca a XVI edición do Certame Fotográfico ´Xosé Manuel Eirís´ con premios por importe de 1.850 euros

Venres 24 de xaneiro do 2014

As obras entregaranse en sobre pechado e estarán asinadas cun pseudónimo, non podendo figurar nelas o nome do autor. Pola parte traseira do soporte fotográfico figurará o pseudónimo e o título da obra, e pegarase un sobre pechado que conteña no seu interior o nome completo do autor, enderezo, teléfono, pseudónimo empregado e título da obra; e no exterior o nome da fotografía e o pseudónimo. O prazo de entrega das obras remata o 24 febreiro e poden presentarse no Rexistro do Concello de Carballo ou no rexistro auxiliar do primeiro andar do Pazo da Cultura. A presidencia do xurado será asumida polo Alcalde do Concello de Carballo ou persoa en quen delegue. A composición do xurado, que non se fará pública ata o día do fallo, contará coa presenza de persoas vinculadas ao eido da fotografía e da imaxe, dun representante das asociacións culturais de Carballo e dun ou máis representantes do Concello de Carballo. A Concellaría de Cultura realiza habitualmente unha exposición cos traballos presentados no prazo de catro meses dende a data do fallo do xurado. Os interesados e interesadas en solicitar máis información, deben dirixirse á Concellería de Cultura do Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n, 15.100; teléfono: 981 704 300) ou consultar as bases ao completo nun documento en pdf nesta mesma nova, así como a folla de solicitude de participación.

Compartir: