Inicio Carballo ao día Hemeroteca A veciñanza, os comerciantes e os...

NUMEROSOS MEMBROS DA CORPORACIÓN ARROUPARON A INAUGURACIÓN

A veciñanza, os comerciantes e os hostaleiros da rúa Valle Inclán festexan con música e chocolate a apertura ao tráfico da nova vía

Sábado 25 de xaneiro do 2014

Hai que subliñar que a reforma da rúa non está completamente finalizada, xa que resta a colocación do alumeado e do mobiliario urbano, unha actuación que dará o remate ás melloras durante o próximo mes de febreiro. Respecto das características da actuación, hai que lembrar que a Reurbanización da Rúa Valle Inclán foi adxudicada por un importe de 165.184,34 euros, IVE incluído, contou cun prazo de execución de 45 días e supuxo a colocación en toda a lonxitude da vía dunha calzada de lastras e beirarrúas de pedra con bordes de granito negro ao mesmo nivel, nun acabado similar ao da rúa Desiderio Varela. Respecto da inauguración, hai que mencionar que Supermercados Froiz cedeu gratuitamente 120 litros de leite; que Chocolates Mariño cedeu tamén sen custo algún o chocolate necesario para a celebración; e que grazas a unha doazón de 300 euros de La Caixa foi posible a contratación da actuación de O tren da unha. Para os comerciante e hostaleiros, a cita foi unha oportunidade para dar a coñecer os negocios da rúa e as súas vantaxes e invitar a toda a veciñanza a que goce da nova vía no futuro.

Compartir: