Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases para celebrar o I Festival de...

ADXUDICADO O CONTRATO PARA A ANÁLISE DA REDE DE ABASTECEMENTO

Aprobadas as bases para celebrar o I Festival de Webseries Carballo Interplay (CIP) que repartirá 5.000 euros en premios

Luns 27 de xaneiro do 2014

O público asistente ao Auditorio será o encargado de escoller o Premio do Público mediante un sistema de votación por papeletas. Os trofeos serán obras orixinais do artista plástico David Méndez Alonso (MisterTheFreak) creadas exclusivamente para o festival. A entrega de premios está prevista para o sábado 26 de abril. Para entrar no concurso, deberá entregarse unha ficha de inscrición debidamente cuberta que estará dispoñible tan pronto sexan publicadas as bases. Nesta ficha indicaranse as ligazóns á páxina web da webserie en cuestión así como a aqueles dous capítulos que se presenten á selección oficial. Ademais, deberán enviarse dous fotogramas ou fotografías do proxecto e a imaxe do cartel promocional (en caso de telo) en alta resolución a un enderezo electrónico que se subministrará para facilitar a inscrición. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira.

Actualización do Plan Director de AbastecementoXa dentro da orde do día, aprobouse a adxudicación do contrato administrativo do servizo de "Análise da rede integral de abastecemento do Concello de Carballo, mediante simulación por ordenador e actualización do Plan Director de Abastecemento" a GIGA, Gabinete de Enxeñería por un importe (IVE engadido) de 72.297,50 euros. O prazo de execución dos traballos ofertado polo adxudicatario é de cinco meses e medio. Así mesmo, no apartado de contratación, recibiu luz verde un expediente referido ao Contrato de obra "Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Oza, Entrecruces e Rus, no Concello de Carballo", incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) Adicional de 2013. O orzamento de contrata ascende a 44.987,26 euros e os criterios previstos para a adxudicación son a oferta económica, valorada con ata un máximo de 40 puntos; e o programa de traballo, o programa de actuación medioambiental, o plan de control de calidade e o plan de seguridade e saúde. Por último, aprobouse unha modificación no contrato de consultaría e asistencia dos "Traballos de redacción da revisión técnica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo" para determinar o prazo e o importe da incorporación dos acordos da Comisión de Urbanismo sobre as alegacións presentadas ao documento.

No apartado de subvencións, aprazouse a aprobación dunha solicitude para a contratación de persoal para orientación de busca de emprego para 2014 e saíu adiante unha modificación do cronograma do proxecto "Quedamos en Carballo" o que se lle notifica á Deputación da Coruña ao térselle solicitado ao ente provincial unha subvención de 95.000 euros para o desenvolvemento desta iniciativa. Ademais, aprobáronse os prezos públicos dos espectáculos organizados polo Concello de Carballo durante o ano 2014 e incluídos no programa dos Venres Culturais, que tamén recibiu o visto e prace da Xunta de Goberno. Por último, autorizáronse un novo vao permanente, catro licenzas de obra, unha licenza de obra e apertura, e tres licenzas de primeira ocupación.

Compartir: