Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o Contrato de servizos enerxéticos...

O IMPORTE DA ADXUDICACIÓN ASCENDE A 9,3 MILLÓNS DE EUROS

Asinado o Contrato de servizos enerxéticos e mantemento do alumeado público coa UTE formada por Ferroser e Ferrovial

Martes 28 de xaneiro do 2014

Hai que subliñar, así mesmo, que a adxudicataria ten ofrecido ata 19 melloras sen custo adicional destinadas a incrementar a eficiencia do servizo, tanto no seu funcionamento interno como no que respecta á atención cidadá. Entre outras melloras, hai que sinalar a colocación dun sistema de detección de roubo de cableado eléctrico, ou a instalación dun sistema de detección de presenza de viandantes nos semáforos colocados nos pasos de peóns para mellorar o seu funcionamento. Así mesmo, a UTE instalará un punto de recarga para vehículos eléctricos e realizará un tratamento anti corrosivo nas luminarias situadas da zona costeira para frear o seu deterioro. Ferroser-Ferrovial asumirá, ademais, a dotación do alumeado festivo durante as celebracións patronais de San Xoán e de Nadal ou a implantación dunha aplicación informática que permita, a través do web municipal, rexistrar os avisos enviados polos veciños e veciñas para alertar do mal funcionamento dos puntos de luz da rede de alumeado. En materia de promoción da eficiencia enerxética, a proposta inclúe a realización de campañas de sensibilización entre os escolares e a cidadanía, a realización dun curso municipal de xestión enerxética ou a promoción xeral do proxecto entre os veciños e veciñas.

Compartir: