Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo pecha o 2013 cun remanente que supera os...

A DÉBEDA POR HABITANTE É UN 70% MENOR QUE A MEDIA GALEGA

Carballo pecha o 2013 cun remanente que supera os 6,6 millóns de euros e o incrementa en 1,5 millóns respecto de 2012

Venres 14 de febreiro do 2014

Respecto doutras cifras que reflicte o peche do exercicio, a 31 de decembro de 2013 a débeda do Concello de Carballo con entidades financeiras ascende a 2.661.078,82 euros. Aínda así, o Alcalde quere subliñar que no que vai de ano téñense amortizado 633.000 euros, polo que nestes momentos a débeda é de 2.028.078,82 euros. Nos últimos anos o volume de endebedamento ten pasado do 46,29 por cento de 2001 ao 14 por cento ao peche de 2013, mentres que a carga financeira do Concello é dun 5,97 por cento. Atendendo á débeda por habitante, é de 84 euros por cada veciño ou veciña, sendo un 70 por cento inferior á media galega, de 278 euros, e un 88 por cento menor que a media estatal, que supón 755 euros por habitante. Ademais, o Concello fixo público, segundo marca a lei, o período medio de pago da débeda comercial do cuarto trimestre de 2013, que foi de 12,29 días. Os números polo miúdo dos pagos realizados entre outubro e decembro de 2013 poden consultarse clicando aquí.

Tanto o Alcalde como a Concelleira quixeron subliñar a "extraordinaria achega dos cidadáns de Carballo"" á conta de recadación. Así, Ferrero resalta "as altísimas ratios de eficiencia", especialmente "en época de crise", que superan o 90 por cento en todos os impostos excepto no de vehículos, en que é dun 86 por cento, e no de lixo comercial, que é dun 84 por cento. Ademais, nalgunha das taxas superáronse os índices do exercicio anterior, e noutras, como no caso dos bens inmobles de características especiais, tense recadado o cen por cen do requirido. Para Evencio Ferrero, estes datos indican "que segue mellorando a saúde económica e rebaixándose a débeda do Concello". E avanza algunhas das actuacións concretas que poderán realizarse co remanente, como a substitución das caldeiras de gas das piscinas municipais por outras de biomasa, programas de promoción turística ou afondar nas melloras no saneamento e subministro de auga.

Compartir: