Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo de inscrición para...

ATÉ O 3 DE MARZO NA WEB DO CIP

Aberto o prazo de inscrición para participar na realización dunha webserie no I Festival Carballo InterPlay

Luns 17 de febreiro do 2014

O taller conta con 20 prazas e selección será feita por Javi Camino, a persoa encargada de impartir o obradoiro, atendendo ao perfil das diferentes persoas inscritas. Javi Camino nace e medra en Santiago de Compostela, aínda que a súa afección polo cinema fantástico levaralle a deixar de lado as súas funcións reprodutoras para centrarse no mundo do vídeo. Sempre manexando baixos presupostos, dirixe, grava, escribe e edita unha curtametraxe, "Consulta do Dr. Natalio", que dará lugar a unha longa, "Maldito Bastardo!". A partir de aí xa non haberá marcha atrás. No 2009, xunto a Stela Kaminova, funda Magnetova, unha das produtoras de videoclips máis activas de Galicia. Teñen no seu haber máis dunha vintena de clips tanto para grupos nacionais (Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Linda Guilala, Franc3s, Telephones Rouges...) como internacionais (Helen Love, Modular...), pero tamén curtas "Lvoluten Osken", "Un chico raro", "No tiene gracia" e, como non, webseries "El viudo quiere mimos", "Hazlo con Susa" ou "A tope siempre", entre outras.

Respecto dos horarios do obradoiro polo miúdo son: sábados 8, 15, 22 e 29 de marzo de 10.00 a 14.00 horas e o domingo, 23 de marzo, de 10.00 a 14.00 horas. Os interesados e interesadas poden descargar a folla de inscrición ou consultar a páxina web do CIP nesta mesma nova.

Compartir: