Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teatro do Atlántico presenta nos Venres...

VENRES 21 DE FEBREIRO ÁS 21.00 HORAS

Teatro do Atlántico presenta nos Venres Culturais unha historia de soidade, misterio e amor: "A charca inútil"

Martes 18 de febreiro do 2014

As producións de Teatro do Atlántico teñen realizado xiras por case todas as autonomías, con participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro (FIT de Cádiz, FITEI de Porto, Latinoamericano de Córdoba (Arxentina), Internacional de Caracas, MIT de Ribadavia, FESTEIXO de Viana do Castelo, Mostra de Cangas, Mostra de Cee, Muestra de Teatro de las Autonomías "Villa de Madrid", ou FIOT de Carballo) presentando os seus espectáculos sempre en lingua galega. María Barcala, Casilda García, Susana Dans, María Bouzas e Gonzalo M. Uriarte recibiron importantes premios de Interpretación en papel Protagonista por traballos realizados en producións desta compañía, premiada tamén varias veces nos apartados de Dirección e Iluminación (Xulio Lago), Escenografía (Antonio F.Simón e Carlos Alonso), Actor Secundario (Toño Casais) ou Mellor Espectáculo ("A noite das tríbades", "O encoro", "A raíña da beleza de Leenane" ou "Unha primavera para Aldara"). Pode obterse máis información na páxina web de Teatro do Atlántico nesta mesma nova. Tamén pode descargarse o programa ao completo dos Venres Culturais 2014.

Compartir: