Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Aula de Gravado Municipal pecha a súa...

ESTÁ PREVISTO REALIZAR UNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA

A Aula de Gravado Municipal pecha a súa primeira andaina despois de máis de dous meses e a participación de 20 artistas

Mércores 19 de febreiro do 2014

O obxectivo desta Aula de Gravado Municipal (na imaxe, un momento da entrega de diplomas) foi o de ofrecer a artistas novos e emerxentes da zona a oportunidade de formarse nunha técnica como o gravado, á que é difícil de acceder xa que tan só está dispoñible en Galicia nas escolas de Belas Artes ou no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos. Estivo dirixido a xente que xa posuía unha base artística coa arela de que a Aula poida continuar no futuro. O obradoiro pretendiu apoiar non só a difusión, mais tamén a creación cultural especialmente entre os artistas locais. Hai que subliñar que a actividade foi gratuíta e que o material necesario foi achegado polo Concello.

Compartir: