Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Feira das Oportunidades cumpre seis anos...

SÁBADO 8 E DOMINGO 9 DE MARZO DE 10.00 A 21.00 HORAS

A Feira das Oportunidades cumpre seis anos ofrecendo produtos de calidade con descontos de ata o 80 por cento

Xoves 20 de febreiro do 2014

Hai que mencionar que a Feira das Oportunidades ten lugar o segundo domingo de marzo para coincidir coa primeira feira do mes e "aproveitar as sinerxías" que se xeran ao manter aberta a carpa e os comercios do centro durante a mañá do domingo, "algo que pensamos que beneficia a ambas partes", resalta Freire. A xerente engade que o balance de 2013 foi moi satisfactorio, tanto de público como de vendas a pesar de que o bo tempo non acompañou á feira. O horario da carpa, tamén como en anos pasados, é ininterrompido de 10.00 a 21.00 horas. Xosé Regueira espera que esta sexta edición da feira cumpra unha dobre función. Por unha banda "dar saída ao stock" a axudar en moitas ocasións aos comercios "a reflotar a tempada". E por outra, para que "nestes momentos de crise de consumo moitos produtos se fagan máis alcanzables para as economías familiares". Por último, Evencio Ferrero gabou o dinamismo, as iniciativas e a vitalidade do comercio de Carballo, que contribúen a manter a vila como referente na comarca, e desexou que "sexa mellorado o éxito do ano anterior". Os interesados e interesadas poden descargar un documento en pdf co cartel anunciador da VI Feira das Oportunidades nesta mesma nova.

Compartir: