Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum acolle unha xornada formativa...

MÉRCORES 26 DE FEBREIRO ÁS 20.30 HORAS: DE BALDE

O Fórum acolle unha xornada formativa sobre innovación dirixida a pemes que queiran mellorar a súa competitividade

Venres 21 de febreiro do 2014

Impartirase unha sesión que permita entender o valor do proceso de innovación e algunhas recomendacións prácticas para poñelo en marcha. A participación nesta xornada está aberta a profesionais, empresas, agrupacións empresariais ou institucións galegas que desexen potenciar a súa cultura innovadora. Os interesados en participar tan só deben realizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a <fdi_acoruna@eoi.e>. A asistencia é gratuíta. O programa da xornada polo miúdo é o seguinte:

  • 20:15h. Rexistro de asistentes
  • 20:30h. Benvida
    Manuel Ruiz. Alcalde de Riveira e Presidente da Comisión de Economía e Facenda da Deputación da Coruña
  • 20:45h. Relatorio: "Vender máis e mellor: o reto de innovar"
    David Cano / Mónica Citores. Responsables Oficina Técnica FDI_Coruña
  • 21:15h. Relatorio: "Innovar na FDI_CORUÑA. Apúntate
    Xullo Sánchez. Consultor FDI_Coruña. Oficina Técnica do Proxecto
  • 21:45h. Networking

Compartir: