Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno local aproba o expediente de...

BASES PARA A CONVOCATORIA DE CABALGATAS DE REIS DE 2014

A Xunta de Goberno local aproba o expediente de contratación para licitar a concesión da Cafetería do Pazo da Cultura

Luns 24 de febreiro do 2014

Outro dos asuntos aprobados durante a sesión refírese á aprobación das bases específicas para cubrir en propiedade un total de doce prazas dentro da Oferta de Emprego Público do Concello para 2013. Así, recibiron luz verde as bases para cubrir unha praza de Policía Local e as relativas á convocatoria para cubrir once prazas de oficial da Brigada de Obras. A Xunta de Goberno supuxo así mesmo luz verde para a Creación dun ficheiro público no rexistro xeral da Axencia Española de Datos, para acometer a adaptación do sistema de gravación de imaxes do Pazo da Cultura á lexislación en materia de protección de datos persoais. Trátase dun trámite relativo ao emprego das cámaras de seguridade situadas no edificio. No apartado de cultura, aprobouse o programa do Entroido 2014, que os interesados e interesadas poden consultar clicando aquí. E tamén saíron adiante as Bases da convocatoria de subvencións para a realización de Cabalgatas de Reis do ano 2014, que poderán consultarse proximamente en <www.carballo.org>. Para rematar, no apartado de Promoción Económica, recibiu luz verde un convenio de colaboración entre a Asociación de Guionistas de Galicia (AGAG) e o Concello de Carballo con motivo da celebración do Festival Carballo InterPlay 2014. Para obter máis información sobre o festival, clicar aquí.

Compartir: