REPARTÍRONSE MÁIS DE 6.500 EUROS ENTRE PREMIOS E SUBVENCIÓNS
O Enterro da Sardiña pecha o Entroido 2014 despois dun desfile no que trunfaron os disfraces inspirados nos Estados Unidos
Martes 4 de marzo do 2014
Co obxecto de fomentar a participación dos veciños e veciñas de Carballo nesta actividade, esteblécense 10 subvencións de 40 € cada unha para todos aqueles grupos formados por máis de 5 persoas (nenos ou adultos) ataviados con roupas e obxectos propios dunha "comitiva fúnebre". Todos os inscritos e inscritas deberán estar presentes entre ás 20.15 e as 20.30 horas na Praza do Concello para confirmar a súa incrición e participación. A Concellaría de Cultura quere agradecer a colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Policía Local de Carballo e da Brigada Municipal de Obras, así como anima a participar a todos aqueles veciños e veciñas da vila que queiran despedir o Entroido 2014.
Pero o Entroido despídese despois dun Concurso de disfraces, comparsas e carrozas que un ano máis contou cunha elevada participación, con ata sete carrozas, e que puido volver á Praza do Concello grazas a un breve descanso nas choivas dos últimos días. A temática estadounidense acaparou os premios máis importantes, con "Bribes Vegas" de Cambre (na imaxe) gañando na categoría de carrozas, e "I love New York" de Carballo na de comparsas. Os interesados e interesadas poden consultar a continuación a listaxe cos premiados e premiadas e tamén é posible descargar en pdf a acta do xurado nesta mesma nova:
- Carrozas premiadas
- 1º premio. 450 euros. "Bribes Vegas", de Cambre
- 2º premio. 295 euros. "Finca Montemaior no Medievo", de Carballo
- 1º accésit. 150 euros. "Liñaio Wars", de Negreira.
- 2º accésit. 110 euros. "Camera dieciochesca", da Coruña
- Comparsas - Categoría adultos/as
- 1º premio: 295 euros. "I love New York", de Carballo
- 2º premio: 150 euros. "Os Simpsons no Antroido de Carballo", de Carballo
- 1º accésit: 100 euros. "Almorzo", de Carral
- Grupos - Categoría adultos/as
- 1º premio: 125 euros. "A viaxe do emperador: Destino Galicia", de Carballo
- Individual - Categoría adultos/as
- 1º premio: 60 euros. "Choqueiro de Bergantiños"
- Comparsas - Categoría infantil
- 1º premio. 250 euros. "Patricius Alunus", de Carballo
- 2º premio. 110 euros. "Pitufos" do CEIP Gándara Sofán
- 3º premio. 60 euros. "Animadoras e quaterback", de Carballo.
- 1º accésit. 50 euros. "Os da mangueira", CEIP Bergantiños
- Grupos - Categoría infantil
- 1º premio. 100 euros. "Muñecas de cuerda"
- 2º premio. 70 euros. "Mariquitas de papel"
- Individual - Categoría infantil
- 1º premio. 90 euros. "Halcón", de Arteixo
- 2º premio. 70 euros. "El tiovivo mágico", da Coruña
- 3º premio. 50 euros. "Medusa negra"
- 4º premio. 30 euros. "Excursionista e globo aerostático"