CAMPAÑA "COMPRA E TAPEA" E NOVOS CURSOS FORMATIVOS
Continúan as accións de Promoción Económica para incentivar a hostalería e o comercio e favorecer a formación turística
Venres 14 de marzo do 2014
- O curso Folla de servizo comeza o luns 17 de marzo. Recolle toda a organización do traballo que debe desenvolverse nun evento, os departamentos que están implicados e as funcións de cada un e a materia prima que se precisa mercar e a quen xa que é primordial para o éxito dun evento.
- O titulado Organización do departamento de Aloxamento comeza o mércores 19. Neste caso preténdese axudar ao traballador a desenvolver de forma eficiente unha boa atención ao cliente, a limpeza das habitacións, a conservación do mobiliario e os elementos decorativos. O traballador debe ser responsable e saber utilizar os utensilios e materiais adecuados. O alumno aprenderá a
facer follas de control, partes de avarías, a xestionar obxectos perdidos e a facer revisións diarias e periódicas. - A acción formativa Comercialización e deseño de cartas de Restaurante principia o luns 24. Neste módulo trátase a carta como elemento moi importante para ter un negocio rendible, manexando unha serie de ferramentas para alcanzar os beneficios do establecemento, ter unha boa planificación, buscar o mellor deseño e, o máis importante, analizar a sensibilidade dos clientes ante variacións de prezos segundo a popularidade ou rendibilidade dos platos (menú engineering). Tamén pretende dar a coñecer estratexias de venda e analizar a competencia.
- Por último, o curso Carpeta comercial comeza o 26 de marzo. Nesta actividade abordarase o papel do responsable comercial do restaurante, que debe ter un bo dossier informativo claro e conciso, pero tamén atractivo sobre as características do negocio e os servizos que quere alugar ou contratar para todo tipo de eventos. Utilizar as técnicas para facer o seguemento do cliente ata que se acaba a relación (contrate ou non o servizo) e pechar unha negociación.
Para as persoas interesadas en asistir a calquera destes cursos aínda é posible facelo ata completar as plazas ofertadas. Para elo deben contactar co Museo de Bergantiños no teléfono 981 702 077 ou no correo electrónico <museo@carballo.org>.