Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Torneo Fútbol 8 Alevín Concello...

ENTRE O 20 E O 22 DE XUÑO NO CAMPO DAS EIROAS

O Torneo Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo cumpre dez anos congregando de novo aos mellores clubs de fútbol base

Mércores 18 de xuño do 2014

O presidente das Escolas Luís Calvo, Luciano Calvo, desexou que o campionato teña o "elevado nivel técnico" doutros anos. Lembrou, con motivo do décimo aniversario, as orixes do torneo, nas instalacións da fábrica de Calvo na Revolta, unha cita concibida como un premio de despedida para os alevíns no seu último ano nas bases. Así mesmo, quixo transmitirlle o seu agradecemento ao Concello pola súa colaboración co torneo ano tras ano. Pola súa banda, o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo transmitirlle os seus parabéns ás Escolas Luís Calvo polo seu traballo, "digno de todos os eloxios". "Como representante de todos os carballeses e carballesas así o quero agradecer", continuou Ferrero, que subliñou unha vez máis a vontade do Concello de "colaborar con calquera iniciativa que fomente o deporte nas categorías inferiores". Para rematar, desexou "que o mellor ao final sexa o equipo da casa", ao que lle desexou moita sorte no seu percorrido no torneo, no que está previsto que participen arredor de 180 persoas, entre rapaces e técnicos dos equipos.

V Campus de Fútbol Base Concello de CarballoO director das Escolas Luís Calvo, José Ramón Torres Pichel, aproveitou a presentación do Torneo Fútbol 8 Alevín para falar do V Campus de Fútbol Base Concello de Carballo, que este ano muda de data para celebrarse a primeiros do mes de agosto, entre o 4 e o 8 dese mes. Está dirixido a futbolistas de 5 a 15 anos, e outra das novidades é que estará impartido por prestixiosos adestradores do RC Deportivo da Coruña nas instalacións de As Eiroas. Será o propio Deportivo o encargado de xestionar as inscricións e de poñer en marcha o campus, co obxectivo por partes das Escolas, segundo explica Torres Pichel, de que tamén "teñan a oportunidade de captar rapaces" e de ver a súa evolución durante o desenvolvemento do campus. A cita, organizada polas propias Escolas co Bergantiños FC, o Concello de Carballo de o RC Deportivo, ten como obxectivos que os rapaces dean un salto cualitativo na súa formación deportiva; que gocen duns días alegres na compaña de mozos da súa mesma idade; e que teñan a oportunidade de formarse con adestradores profesionais que proceden dun club como o Deportivo.

Interesad@s en obter máis información poden facelo a través dos webs <www.escolascalvo.com> ou <

Compartir: