Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais comezan coa...

XOVES 15 E VENRES 16 DE XANEIRO

Os Venres Culturais comezan coa "Demolición" de Talía Teatro e a exposición fotográfica "Tinta" do carballés Juan Casares

Martes 14 de xaneiro do 2014

Antes do teatro, dende o xoves 15 de xaneiro e até o 8 de febreiro poderá visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura, en horario de 18.00 a 21.00 horas, a exposición fotográfica "Tinta" do artista Juan Casares, unha persoa vinculada a Carballo desde a súa infancia. Pertence ao colectivo de artistas de Carballo "Creaformas" e está estudando na Escola Internacional de Fotografía GrisArt, de Barcelona. Presenta por primeira vez unha mostra de fotografías sobre o ambiente que se respira no interior dun estudio de tatuaxes, en concreto o Mystery Tattoo House en Barcelona. As imaxes van desde o decorado do estudio, ás persoas, sempre moi activas e que se ven reflectidas traballando ou comentando traballos doutros tatuadores, durante o proceso de creación, nos momentos libres entre cita e cita, etc. As dúas citas están incluídas no programa dos Venres Culturais 2014.

Compartir: